Thursday 25 de April de 2024

O Concello promove unha campaña de recollida de tapóns para poñer en coñecemento a doenza rara da ataxia de Friedreich


· A enfermidade afecta aos músculos, sendo un dos que máis sofre o cardíaco.

O Concello de Camariñas promoverá unha campaña de recollida de tapóns para poñer en coñecemento da cidadanía a doenza rara da ataxia de Friedreich, unha enfermidade que afecta aos músculos, especialmente ao cardíaco.

Trátase dunha anomalía na saúde hereditaria e neurodexenerativa que afecta ás personas novas que se caracteriza por un deterioro lentamente progresivo da coordinación na marcha e na capacidade para manter unha correcta postura corporal, así como outros síntomas e signos neurolóxicos.

A alcaldesa, Sandra Insua, insiste na necesidade de “como responsables públicos estar a carón das persoas que máis o necesitan, e como altofalante de problemas como as doenzas raras, pouco coñecidas pero que afectan ás persoas de maneira directa”, afirma a rexedora.